O soño da febre / Nejlevnější knihy
O soño da febre

Kód: 20036794

O soño da febre

Autor MIGUEL ANXO MURADO

Este libro ten un protagonista singular: a febre: A febre comopersonaxe, como metáfora da imaxinación, do so?o, da literatura endefinitiva.Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril no Cairo), o autor vai presentando ... celý popis

417


Skladem u dodavatele
Odesíláme za 4-6 dnů
Přidat mezi přání

Mohlo by se vám také líbit

Darujte tuto knihu ještě dnes
  1. Objednejte knihu a zvolte Zaslat jako dárek.
  2. Obratem obdržíte darovací poukaz na knihu, který můžete ihned předat obdarovanému.
  3. Knihu zašleme na adresu obdarovaného, o nic se nestaráte.

Více informací

Více informací o knize O soño da febre

Nákupem získáte 42 bodů

Anotace knihy

Este libro ten un protagonista singular: a febre: A febre comopersonaxe, como metáfora da imaxinación, do so?o, da literatura endefinitiva.Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril no Cairo), o autor vai presentando unha galería de historiassorprendentes, ás veces oníricas, ás veces simbólicas e semprepresididas pola pantasma da febre. Na li?a de Memoria de derribos, oautor volve explorar así o seu persoal universo imaxinario nun librono que é a atmosfera a que "cose como un fío" as diferentes narracións coa historia principal.Titulares de prensaO SO?O DA FEBREAdicar unlibro de relatos a un tema concreto é unha tarefa arriscada. Hai queser moi habilidoso e ter un considerable dominio do oficio para saírairoso de semellante reto. Miguel Anxo Murado neste O so?o da febreaposta por construír dez relatos de ton fantástico en torno a esefenómeno fisiolóxico con resonancias espirituais.A estrutura do libro, póren, non consiste sen máis nunha simple acumulación de contos. Porriba deles, como facendo de tendal do que van prendendo os relatos,aparecen unha serie de reflexións breves nas que o narrador entrelazaepisodios familiares con excursos sobre a vinculación da febre coaxeografía, a literatura, a música, ou co mesmo devir da Historia. Esta hibridación entre narración fantástica e testemu?opersoal/autobiográfico por parte do autor non acada, con todo, asmetas ás que parece aspirar o libro no seu conxunto. Estra?amente, esa voz en primeira persoa que aparece entre relato e relato resulta máis interesante e atractiva que moitas das historias ás que precede. Ecomo se o autor se sentise máis cómodo no territorio da digresiónpersoal mesturando recordos verdadeiros ou inventados con citaseruditas que axustándose aos códigos do relato fantástico no que faidez incursións cun resultado marcadamente irregular.O delirio febril-máis ca febre en si- é unha especie de chave que serve para abrirunha fenda no real e trasladar os protagonistas dos dez contos a outro lugar e mesmo a outro tempo, onde os vivos pasean entre os mortos eos mortos fan acto de presenza entre os vivos. As fronteiras entre osmundos de ambos dilúense, tómanse porosas, e o período en que gobernaa febre convértese en ponte inestábel pola que cami?ar do mundo dunsao mundo dos outros, nunha especie de paréntese na vida dosprotagonistas, postas en xogo ao completo.Os escenarios dos relatosson clásicos dos contos de pantasmas. Hai aldeas illadas por causa daneve, calellas escuras e personaxes inquedantes vagando por elas,animais extraordinarios que cargan cos desexos de vinganza dos amosfalecidos, rapaces que non cumpren coas obrigas e cren que as portasdo inferno están abertas de par en par para eles... pero tamén seintroducen paisaxes pouco comúns nestas narracións: os territorios daPalestina ocupados polos israelís, unha plantación colonial devainillas no medio do Camerún ou o piso dunha familia xudíalondinense. O conxunto, como xa dixemos, é altamente irregular.Algúnsdos contos parecen resolverse demasiado ás présas, sen captar aatención do lector por unha insuficiencia "atmosférica": no relatofantástico, o ambiente que se está a crear é, como mínimo, a metade da historia, e en varias ocasións como en "Jan Van Riis" ou "A folla e o paxaro", todo se fía ao impacto do desenlace, malogrando unhashistorias que poderían dar máis de si. O emprego, en varias ocasións,do recurso de non saber ata o final se o protagonista ou protagonistas están vivos ou mortos tamén falla en varias das historias onde seemprega: nelas dende o principio, a ambiguedade que debe impregnartodo o relato ata a relosución final non está ben construída, édemasiado naive, deixa ver de lonxe o que vai ocorrer. Póren, cando oautor decide estirar lixeiramente a duración dos seus contos e adicaralgunhas páxinas máis á creación de atmosferas elaboradas (O so?o daneve, ou O dia?o do outono, con moito o mellor dos contos), os relatos ga?an en intensidade, e o seu tempo narrativo, pausado, calmo, no que se escalonan con coidado os acontecementos, seduce o lector,introdúceo lentamente na historia que está a narrar e lévao conintensidade ata uns finais ben trabados e en consoancia coa lóxicainterna do relatado.O esforzo de Murado é notable e di moito das súaspretensións como escritor, maáis o resultado final queda algo afastado das súas intencións iniciais, e quedan finalmente como máisdestacados na memoria do lector os dous contos máis extensos e asbreves -e brillantes- digresións que van entre medias dos relatos.Eloy GarcíaProtextaVerán 2007

Parametry knihy

417



Osobní odběr Praha, Brno a 12903 dalších

Copyright ©2008-24 nejlevnejsi-knihy.cz Všechna práva vyhrazenaSoukromíCookies


Můj účet: Přihlásit se
Všechny knihy světa na jednom místě. Navíc za skvělé ceny.

Nákupní košík ( prázdný )

Vyzvednutí v Zásilkovně
zdarma nad 1 499 Kč.

Nacházíte se: